Loading
Zagros

Amal: a loita continúa

LUN-VEN | 20:00 | TEATRO PRINCIPAL 

A cita anual co cinema euroárabe en Compostela chámase Amal. Unha semana de filmes para construir pontes entre dúas culturas coa calidade cinematográfica como máxima. Este ano abre a mostra Nado en Gaza, dirixido por Hernán Zin.

Camilo e Díaz Pardo

Con Galiza sempre no horizonte

LUN-SÁB | VARIAS HORAS | FONSECA

Con Galiza sempre no horizonte é o título da mostra que explica os 16 anos que Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo viviron en Santiago entre 1920 e 1936. A expo conta con abundante documentación da época e amplíase expoñendo a labor posterior de Isaac.

El Paso, unha historia punk

MÉRCORES | 19:00 | BERBIRIANA 

O artista multidisciplinar Benjamín Villegas presenta en Galicia a súa novela El Paso. A Punk Story, unha historia sobre unha banda chicana que só publicou un disco. Será unha presentación concerto, acompañado pola súa guitarra.

Damien Jurado

Idilio ourensán de Damien Jurado

XOVES | 20:30 | TEATRO PRINCIPAL 

Continúa o idilio de Damien Jurado con Ourense. Volve o cantautor de Seattle á cidade das Burgas, esta vez dentro do ciclo American Autumn, para presentar o seu novo álbum: The Horizon Just Laughed.

Joe Crepúsculo

Xira galega de Joe Crepúsculo

XOVES | 21:30 | SALA KARMA

O catalán Joe Crepúsculo está de xira por Galicia. Está a presentar 10, un recopilatorio que conmemora os dez anos de carreira do artista. O seu tour comeza na sala Karma, en Pontevedra. Logo visitará o Playa Club da Coruña e o Radar Estudios de Vigo.

Coque Malla e o Cuarteto Irrepetible

O irrepetible Coque Malla

VENRES | 21:00 | MAR DE VIGO

O venres, día 26, estréase no Auditorio Mar de Vigo o espectáculo Coque Malla y el cuarteto Irrepetible, unha oportunidade única para velo en directo, pois trátase dunha minixira de catro concertos nos que estará acompañado por un cuarteto de corda e un pianista.

Tribalistas

Regreso a 2002 con Tribalistas

VENRES | 21:00 | MULTIUSOS DO SAR

Concerto en Santiago de Tribalistas, o grupo formado por tres dos artistas pop máis importantes do Brasil: Marisa Monte, Carlinhos Brown e Arnaldo Antunes. Despois de quince anos sen publicar, volven con dez temas novos e un fondo sabor a nostalxia.

José González

José González, indie outonal sueco

VENRES | 21:00 | SEDE AFUNDACIÓN

Os concertos que O Son do Camiño está a programar neste outono polas vilas galegas leva a Pontevedra ao sueco de orixe arxentina José González. Líder de Junip, González está agora centrado na súa carreira en solitario cun elegante indie pop outonal.

Placeres Íntimos

A pornografía dos sentimentos

VEN-SÁB | 20:30 | TEATRO ROSALÍA

Cristina Alcázar, Francisco Boira, Toni Acosta e Toni Coll protagonizan Placeres Íntimos, baseada no texto do sueco Lars Norén. Dous irmáns e as súas mulleres reúnese tras a morte da nai. O conflito que se produce está narrado cunha excepcional crueza.

Jane Birkin

Jane Birkin canta a Gainsbourg

SÁBADO | 21:00 | PAZO DA CULTURA

O ciclo Voices trae a Jane Birkin a Pontevedra. Unha verdadeira sorte de concerto cunha muller, xa con setenta e dous anos, que está de volta de todo. A cantante británica interpretará os temas que o compositor Serge Gainsbourg creou para ela.