Loading

Numax vén de anunciar a que será, sen dúbida, unha das propostas cinematográficas do ano 2018 en Galicia: a retrospectiva dos franceses Jean Marie Straub e Danièle Huillet. O ciclo está coorganizado polo Museo Reina Sofía e contempla a proxección de 37 filmes ao longo de quince sesións, entre o seis de febreiro e o 27 de agosto, na sala compostelana.

Será unha oportunidade única para achegarse á obra do matrimonio de cineastas formado por Straub e Huillet, unha filmografía que percorre a segunda metade do século XX, xa que comezou en 1963 e non finalizou ata 2006. 

O cinema de Straub e Huillet é un cinema cunha enorme personalidade e profundidade, unha obra artística que fuxe de calquera asomo de comercialidade, e é por iso que ata hai pouco Straub-Huillet eran uns descoñecidos en España. 

A obra de Straub e Huillet era practicamente descoñecida en España ata que Intermedio empezou a recuperala en formato DVD.

A edición en DVD por parte de Intermedio dunha parte dos filmes de Straub e Huillet permitiu aos cinéfilos galegos e españois o acceso á súa obra. Un merecido redescubrimento duns cineastas maiúsculos.

A retrospectiva do Numax permitirá agora afondar no seu legado e facelo, ademais, en pantalla grande, en versión orixinal subtitulada, con copias restauradas e coa supervisión persoal de Jean Marie Straub

 

A programación completa do ciclo será a seguinte:

6 de febreiro
Crónica de Anna Magdalena Bach (1967, 93′)

20 de febreiro
Machorka-Muff (1962, 18′)
Non reconciliados (1964-1965, 55′)

13 de marzo
O noivo, a actriz e o chulo (1968, 23′)
Othon [ou Os ollos non queren estar sempre pechados ou Talvez un día Roma se permita decidir por si] (1969, 88′)

27 de marzo
Leccións de historia (1972, 85′)

10 de abril
Introdución a «Música de acompañamento para a escena dun filme» de Arnold Schoenberg (1972, 15′)
Moisés e Aarón (1974, 105′)

24 de abril
Fortini/Cani (1976, 83′)
Toda revolución é unha tirada de dados (1977, 10′)

8 de maio
Da nube á resistencia (1978, 105′)

22 de maio
Cedo de máis, tarde de máis (1980-81, 100′)

4 de xuño
En rachachânt (1982, 7′)
Proposta en catro partes (1985, 45′)
Pecado negro (1988, 42′)

18 de xuño
A morte de Empédocles (1986, 132′)

2 de xullo
Cézanne (1989, 51′)
Unha visita ao Louvre (2004, 48′)

16 xullo
Europa 2005 – 27 outubro (2006, 11′)
Joachim Gatti (2009, 2′)
Corneille — Brecht (2009, 21′)
O somma luce (2010, 19′)
Chacais e árabes (2011, 11′)

30 de xullo
Encantados (2002, 6′)
Dolando (2002, 7′)
Lorena ! (1994, 21′)
O viaxeiro (2001, 5′)
O afiador (2001, 7′)
O inconsolábel (2011, 15′)
A nai (2012, 20′)

13 agosto
Un conto de Michel de Montaigne (2012, 33′)
Un herdeiro (2011, 22′)
A propósito de Venecia (2013, 24′)
Diálogo de sombras (2013, 28′)

27 agosto
Comunistas (2014, 70′)
A guerra de Alxeria ! (2014, 2 min.)
O acuario e a nación (2015, 31′)

A %d blogueros les gusta esto: