Loading

Oescritor coruñés Agustín Fernández Mallo vén de recibir un dos premios de narrativa máis importantes de España: o Biblioteca Breve de Seix Barral. Un galardón que impulsou en 1958 o mítico Carlos Barral, e gañou, na súa edición inaugural, Luis Goytisolo con Las afueras.

Ao seu palmarés uníronse máis tarde nomes como Vargas Llosa, Carlos Fuentes, Juan Marsé, Cabrera Infante ou Juan Benet; e nunha segunda etapa, Elena Poniatowska, Gioconda Belli ou Rosa Regás. Unha lista ben insigne que agora engrosa Fernández Mallo

O premio Biblioteca Breve é un novo recoñecemento para o coruñés, considerado un dos grandes renovadores da novela española deste século, grazas principalmente ao Proyecto Nocilla, composto por Nocilla Dream (2006), Nocilla Experience (2008) e Nocilla Lab (2009).

Nocilla, o primeiro gran éxito de Fernández Mallo

A novela que fixo ao coruñés merecedor do Biblioteca Breve leva por nome Trilogía de la guerra. Unha visita á illa de San Simón desencadeou a historia na cabeza de Fernández Mallo (de feito, a primeira parte do libro chámase Isla de San Simón).

Os referentes que se teñen citado para valorar Trilogía de la Guerra inclúen a Sebald, Pynchon, Houellebecq e Lynch.

A vida e a morte, Europa e a historia do último século, a contemporaneidade e a guerra; elementos que se entrelazan na novela e que xa levaron a emparentar a novela con W.G. Sebald, Thomas Pynchon, Michel Houellebecq ou David Lynch. 

Un cóctel tan arriscado como prometedor. Os lectores poderán saborear o resultado a partir do 6 de marzo, cando se pon á venda a o libro.

Visitade o blog personal de Agustín Fernández Mallo para coñecer mellor ao escritor. 

A %d blogueros les gusta esto: