Loading

Todo está preparado para unha nova edición do Esmorga Fest. O evento, que se vai celebrar en Sarria entre o venres e o sábado, consolídase como un dos destacados para abrir a temporada de festivais en Galicia. O cartel deste ano está encabezado por WAS (anteriormente coñecidos como We Are Standard), Nudozurdo, Mujeres e Cala Vento.

Botar unha ollada ao seu cartel confirma a adicación do Esmorga Fest para configurar un evento ecléctico e cada vez máis aberto a todo tipo de público.

Como sempre, os responsables do evento apostan pola música galega. Nesta ocasión, ademáis da figura fetiche do festival que é Pálida, contan coas bandas Bulto, Kadett GSI ou Disco Las Palmeras! Neste cuarto aniversario, a organización anuncia concertos de tarde na sala La Unión, actividades para toda a familia e, como ven sendo habitual, as actuacións principais celebraránse na sala Litmar.

O festival caracterízase polo seu pequeno aforo,  polos eventos principais nun espazo pechado e, especialmente, por unha escolma de bandas exquisita por parte dos organizadores. Botar unha ollada ao seu cartel confirma a adicación do Esmorga Fest para configurar un evento ecléctico e cada vez máis aberto a todo tipo de público.

Nesta edición, os asistentes poden escoller, ademáis de outras alternativas, entre o dance-rock de WAS, os ecos sesenteiros de Mujeres, os experimentos rockeiros de Jardín de la Croix e a electrónica de Pálida. Dende a organización do festival aseguran que “o obxectivo é traer propostas creativas do eido musical á vila”.

As orixes do festival están nunhas celebracións de cumpreanos nas que sempre había música en directo.

A orixe do festival está nas celebracións de cumpreanos de un grupo de amigos. Nesas festas sempre había música en directo e a situación acabou escapando ao seu control.

Así, acabouse transformando nun evento de maior envergadura. O Esmorga Fest xa ten gañado o prestixio dentro da escena independente. Ademáis, cada vez hai mais publicacións especializadas que destacan o feito de que unha cuadrilla de Sarria consigue “facer cousas diferentes que traen a persoas de todas partes”.

Recomendamos:

Favx

 

Jardín de la Croix

 

La Plata

 

Mujeres

 

Presumido

A %d blogueros les gusta esto: