Loading

Realismo do século XXI en Santiago

Vintecatro obras de importantes artistas galegos e españois conforman a exposición ‘Aspectos da Nova Realidade’ na galería José Lorenzo de Santiago. Roberto González Fernández, Quintana Martelo, Rafael Romero Masiá, Miguel Piñeiro ou Jano Muñoz. En canto ao ámbito estatal, a mostra conta con pinturas de José Luis Corella, Jorge Villalba, Juan Bautista Nieto ou Irene Cuadrado, entre outros. O obxectivo desta colectiva é expresar os diferentes modos de abordar realidade polos diferentes participantes.

O común denominador a tódalas obras exhibidas é o alto grao de ilusionismo visual. Sen embargo, o conxunto resulta ben ecléctico. Nalgunhas obras o obxectivo fotográfico actúa como elemento mediador entre o artista e a realidade. Hay outros traballos nos que a pintura deixa de lado calquer compoñente subxectivo. Pola contra, hay unha serie de creacións que, explotando a personalidade do pintor, tratan de aportar información suplementaria ao espectador.

Para a mostra contouse con importantes artistas estatais, como o valenciano José Luis Corella, cun discurso sobre a dualidade rural-urbano, e que expuxo en Dallas, Londres, Edimburgo ou Hangzhou. O alacantino, fincado en Alemaña, Jorge Villalba xoga, no seu neobarroquismo, a manipular a tradición iconográfica occidental. A súa obra pasou por Miami, San Francisco e multitude de cidades centroeuropeas como Colonia, Zúric ou Basilea. A delicadeza dos espidos, o dominio de texturas e a obsesión por transcender a realidade fotográfica pódese percibir nas obras do sevillano Juan Bautista Nieto. A súa obra percorreu toda España e pasou por Tokio, Taiwan, Melbourne, San Francisco ou Xenebra.

A aposta polos novos valores vén da man precisa de Irene Cuadrado. A madrileña, de factura urxente, exhibe unha obra de gran simbolismo e marcada crítica social. É unha artista con gran futuro sobre a que xa fixaron o obxectivo centros como o MEAM de Barcelona.

José Luis Corella. Waverly Restaurant. Óleo sobre táboa

En canto á plástica galega, convén destacar a Fernando Prieto, representante galego do novo realismo subxectivo. Outro autor para ter en conta é Roberto González Fernández, con varias obras dos anos 70 e dúas pezas recentes que enxalzan unha temática trivial, poñendo en valor obxectos e vistas marxinais. Jano Muñoz, coas súas vistas de cidades de halo onírico, tamén conta con espazo na mostra.

Recomendamos:

  • Waverly Restaurant de José Luis Corella
  • A Paixón Papagaio de Jorge Villalba
  • Mamá, quero ser Adrian Ghenie de Irene Cuadrado
  • Culpa de Juan Bautista Nieto
  • Membrillos de Fernando Prieto

 

 

A %d blogueros les gusta esto: