Loading
Super Bock Under Fest

Super Bock Under Fest de Vigo

Vigo conta cun novo festival, o Super Bock Under Fest. Esta primeira edición terá lugar a próxima fin de semana, os días 23 e 24 de marzo. O cartel completo inclúe a máis de 20 bandas, segundo fontes da organización.

Entre os artistas internacionais confirmados destacan Benjamin Clementine, Myles Sanko, King Khan & BBQ Show, Rex The Dog e Romare. Tamén estarán Hot Chip, pero en formato DJ. No apartado nacional, encabezan o cartel clásicos como Australian Blonde e artistas actuais como Fuckaine, Soledad Vélez ou Cápsula.

O evento ten a particularidade de repartir as actuacións entre 10 espazos diferentes da cidade olívica”.

O evento ten a particularidade de repartir as actuacións entre 10 espazos diferentes da cidade olívica. Este é un xeito de darlle ao público a oportunidade de explorar a cidade a través dun itinerario de salas. Ademáis do Hall do Auditorio Mar de Vigo, onde xa se presentou o festival co epatante directo de Slowdive, haberá concertos en salas populares da cidade como La Iguana ou La Fábrica de Chocolate. Compre sinalar que a acústica no acto inaugural non foi ningunha marabilla.

Outra característica do evento, segundo afirman desde o festival, é promover a novos talentos da escena galega e portuguesa. De Galicia traen a catro propostas en claro ascenso, como son Mounqup, Sen Senra, BasantaRayotaser e Presumido. En canto a Portugal, as apostas son Toulouse, Xinobi, Nadia Schilling e Grandfather’s House.

A música negra

Trátase dun festival ecléctico onde están presentes diferentes estilos musicais, desde o indie de Basanta ao rock clásico de King Khan & BBQ Show, pasando pola electrónica de Romare. Sen embargo, os artistas máis recoñecidos son representantes de dúas das posibles vertentes da actual música negra.

Un deles é o principal cabeza de cartel: Benjamin Clementine. O artista británico foi descuberto logo das súas actuacións nas rúas de París e Londres. Os seus directos conteñen unha intensidade difícil de calificar. Dan boa conta os que o viron na última edición do festival de Paredes de Coura. O seu estilo é unha combinación de soul, sons electrónicos e música impresionista de conservatorio.

Benjamin Clementine foi descuberto logo das súas actuacións nas rúas de París e Londres. Os seus directos gozan dunha intensidade indescriptible.

En segundo lugar, temos a Myles Sanko. Este músico inglés é unha especie de haxiógrafo do soul clásico, que chega ao éxtase da man de Otis Redding, Al Green ou James Brown. Sen embargo, as súas orixes ghanesas e bretonas, unidas á cultura británica, danlle un pulo contemporáneo e global ás súas composicións.

Recomendamos:

Benjamin Clementine

Myles Sanko

Romare

Rex The Dog

Fuckaine

A %d blogueros les gusta esto: