Loading

Iván Marcos conseguiu facer historia ao levantar a xerra coa testa de María Casares por A cabeza do dragón, a adaptación de Valle Inclán de Quico Cadaval. Converteuse así no único actor en gañar o María Casares e o Mestre Mateo nun mesmo ano tras Luis Tosar (que o lograra no ano 2006). 

Iván xa gañara hai unhas semanas o Mestre Mateo por ese filme extraordinario chamado Dhogs. Extraordinario non só pola calidade, senón polo fóra do común que é facer unha película de xénero en Galicia tan persoal, peculiar e imaxinativa. 

Iván Marcos protagoniza Dhogs.

Como diciamos, Iván logrou un fito que ata agora só conseguira un actor na historia do noso país. Non un actor calquera, falamos probablemente do mellor actor galego das últimas décadas: Luis Tosar.

Luis Tosar, xunto a Daniel Brühl e Clive Gordon, en Cargo.

Tosar gañou no 2006 o Mestre Mateo por Cargo, o filme de Clive Gordon. E ese mesmo ano alzou a xerra do María Casares coa montaxe de Hamlet que dirixiu Lino Braxe.

Tosar na montaxe de Hamlet que dirixiu Lino Braxe.

Quedou sen premio Melania Cruz, que aspiraba tamén a unirse a ese selecto clube que agora forman Tosar e Iván Marcos. A lucense que lograra o Mestre Mateo por Dhogs, non puido repetir como actriz protagonista en Resaca, unha obra que partía como favorita nestes María Casares e rematou como a gran derrotada.

Finalmente foi Areta Bolado, por Elisa e Marcela, quen se levou o galardón. A obra de A Panadaría, que relata en clave de humor e fantasía o primeiro matrimonio homosexual de España, foi a vencedora da noite levantando os premios a mellor espectáculo, mellor directora, mellor actriz e mellor texto orixinal.

 

A %d blogueros les gusta esto: