Loading

Melona Fest de Compostela

Melona Fest terá lugar entre o 4 e o 8 de abril en diferentes salas e espazos da cidade de Santiago.  Contan cun cartel completo e variado, que está encabezado polos madrileños Esplendor Geométrico, a lisboeta Nídia e o conxunto de Quins Emilio José e Os Indígenas. En canto ás salas, a organización distribúe as actuacións por distintos locais da cidade, como vén sendo habitual en festivais de pequeno e mediano formato. Son nove sitios en total: a sala Sónar, a sede da Fundación SGAE, a sala Riquela, Unitaria, o bar Embora, o Códex Club, a sala Malatesta, a discoteca Ruta e A Regadeira de Adela.

Melona Fest ten unha orientación claramente contracultural, que aposta por unha música allea, cando non contraria, aos gustos ou preferencias maioritarias.

Melona Fest ten unha orientación claramente contracultural, que aposta por unha música allea, cando non contraria, aos gustos ou preferencias maioritarias.  Así o explicitan ao empregar, como principal reclamo, os sons industriais de Esplendor Geométrico. Ou ao apostar por Nídia, unha DJ de kuduro e afrohouse, para pechar a noite do sábado.

Apoio á escena galega

O festival visibiliza a moitos dos artistas galegos que decidiron seguir un camiño afastado das canles convencionais e institucionais. Hai vellos coñecidos, como Emilio José e a súa síntese musical hipermoderna. Outras bandas que comezan a coller impulso tamén teñen representación. Aquí o público ten moito onde escoller, dentro de toda esta variedade estilística: o trap de Boyanka Kostova, o hardcore de Cuchillo de Fuego, o pop electrónico de Mounqup e o indie lisérxico de Dois.

O festival visibiliza a moitos dos artistas galegos que decidiron seguir un camiño afastado das canles convencionais e institucionais. Emilio José, Mounqup, Pálida e Dois son algúns dos seleccionados para esta terceira edición.

A organización non se olvida da electrónica feita en Galicia. O estajanovista Pálida, unha das figuras máis admiradas dentro da vangarda musical galega, volve á Melona Fest cun novo traballo. KADETTGSI tamén teñen novos temas, como Ciudad Termal, “unha oda ás carreteras infinitas e á era das máquinas”, segundo din desde La Melona. O sábado, previsiblemente, interpretaranno en vivo.

Entre os artistas por descubrir temos a Golpe Mestizo, Sad Damn Hosse Lean, Rayotaser, Vietnam (desde Barcelona, pero con vínculos con Galicia) e Baiuca (afincados en Madrid). Trap, electrónica primitiva, noise e mezclas de vangarda co folklore autóctono van ser algunhas das aportacións destes debutantes.

Aries no Melona Fest 2016

Algo máis que música

Unha performance, un coloquio e a proxección dun documental completan a programación cultural do festival. A performance é autoría de Aaron Porras e terá lugar en A Regadeira de Adela, co título de “Le comí el coño al patriarcado y me dijo que sí, que lo que yo quisiera“. Doutra banda, en Unitaria terá lugar unha interesante charla sobre a inspiración, a copia, e o plaxio, establecendo pontes, pero tamén límites, entre profesionais de diferentes ámbitos.

Performance, coloquios, e proxección de documentais son outras das opcións culturais que ofrece Melona Fest

Por último, ”Geometría del esplendor” é un documental que xira arredor da historia da mítica banda da Movida dos oitenta, Esplendor Geométrico. A proxección será no Riquela.

Recomendamos:

Esplendor Geométrico

Nídia

Emilio José

Dois

Pálida

A %d blogueros les gusta esto: