Loading
Teorema

Teorema, destrución burguesa

  Teorema

  Pier Paolo Pasolini

  Cineclube Pontevedra. Teatro Principal

  Martes, 29 de maio. 20:30 

2€ (sesión) – 18€ (3 meses) – 60€ (un ano)

Controvertido e xenial, Pier Paolo Pasolini é un deses creadores aos que sempre convén regresar. O Cineclube de Pontevedra proponnos facelo con Teorema. Unha das cintas nas que o creador boloñés destrúe con maior forza o absurdo da vida pequenoburguesa. No filme, o enigmático Terence Stamp visita a unha familia acomodada e vai seducindo un por un a cada un dos seus membros. Logo desaparece deixando unha ausencia insalvable en cada un deles. Pasolini nunca aclarou se o visitante interpretado por Stamp era un anxo, un demo ou unha presenza divina. Talvez fose só o instrumento que desvela a mesquindade das nosas existrencias cotiás.

Infórmate:

Estudio sobre Teorema na Revista Sans Soleil

Crítica de Teorema en Cine Divergente

Reproduce:

Mira: