Loading
Joaquín Sabina

Sabina sempre volve a A Coruña

  Joaquín Sabina

  Coliseo. A Coruña

  Sábado, 21 de abril. 22:30

  40€-90€

A Coruña é unha cidade fetiche para Joaquín Sabina. O de Úbeda sempre regresa á cidade na que en verán de 2017 conseguiu a xesta de encher dúas noites consecutivas o Coliseo. E iso cos prezos que se gasta Sabina, absolutamente excesivos, entre 40 euros (entradas xa esgotadas) e 90 euros. Dá igual o prezo, Sabina ten unha lexión inquebrantable de fieis. Non en van é o cantautor español máis influínte dos últimos corenta anos. Con todo, o seu último disco, Lo niego todo (2017), malia a produción de Leiva, é máis do mesmo e non fai senón acrecentar o seu declive musical, que iniciou co cambio de século, despois de 19 días y 500 noches (1999).

 Infórmate:

Crítica de Lo niego todo en Jenesaispop

Reseña sobre Sabina en El País

Reproduce:

Escoita: