Loading
Play-Doc

Play-Doc de Tui

Play-Doc, o festival internacional de cinema documental de Tui, arranca o xoves 26 de abril a súa decimo cuarta edición. Entre o contido fílmico contan con estreas exclusivas, con primeiras retrospectivas en España e, tamén, con cinema en galego. A programación completa inclúe encontros con programadores, seminarios, obradoiros e concertos. O evento, que non para de medrar, prolongarase ata o martes 1 de maio.

Dominic Gagnon
Dominic Gagnon

A sección competitiva conta con 5 películas de estrea en España. Esta escolma trata de expresar “a diversidade do cine dos nosos días”, segundo din desde Play-Doc. Proxectaránse The Waldheim Waltz, de Ruth Beckermann; Going South, de Dominic Gagnon; Lamaland, de Pablo Sigg; Terra Franca, de Leonor Teles e Les Unwanted de Europa, de Fabrizio Ferraro.

A escolma da sección competitiva trata de expresar a diversidade do cine contemporáneo”.

O festival tamén amosa o seu compromiso coa muller. A súa representación no cinema será abordada no ciclo (Anti)heroínas, que proxecta catro filmes que son “un vivo reflexo dos seus respectivos contextos históricos, socio-políticos e económicos”. Ademáis haberá un seminario de crítica feminista, con obradoiro. O obxectivo é que os participantes fagan as súas propia críticas dos filmes visionados no Play-Doc.

Ruth Beckermann
Ruth Beckermann

Retrospectivas de Goldman, Raulino e Candeias.

As retrospectivas que encabezan a edición de 2018 están adicadas ao cineasta estadounidense Peter Emanuel Goldman, xenio esquecido do New American Cinema, e aos brasileiros Aloysio Raulino e Ozualdo Candeias.

A Raulino é a primeira vez que se lle adica unha retrospectiva en España. Fontes da organización din que “encarna o espírito dos cineastas de vangarda dos anos vinte e trinta, cando todo parecía por descubrir”. A sú temática ven definida pola preocupación social, a poesía e certa dose de surrealismo.

Aloysio Raulino
Aloysio Raulino

De Ozualdo Candeias, ademais de A margem, o público de Play-Doc poderá ver  A opção (ou: as rosas da estrada) de 1981, que obtivo o Leopardo de Bronce no Festival de Locarno. O director é o precursor do cinema marxinal en Brasil.

Tamén é a primeira retrospectiva adicada a Peter Emanuel Goldman, que inclúe a súa obra fotográfica. Play-Doc en colaboración coa Cinemateca Francesa recupera o material perdido da película The Sensualists. O cineasta foi louvado por Jean Luc Godard, Jonas Mekas e Susan Sontag.

Peter Emanuel Goldman
Peter Emanuel Goldman

Cinema Galego.

Son “filmes feitos dende a autoprodución, sen apenas apoio institucional, cunha fraxilidade que é vencida pola teima dos cineastas”. Deste xeito define as películas participantes Beli Martínez, responsable desta sección. Está conformada polos filmes Alberto García Alix. La línea de la sombra, de Nicolas Combarro; Algunhas nubes flotan lonxanas, de Gonzalo E. Veloso; M., de Ángel Santos; Nueva Galicia, de Iván Nespereira; O salvaxe leva o seu tempo, de Oliver Laxe;  O fareiro de Sálvora, de Gloria Vilches; Os fillos da vide, de Ana Domínguez; Salitre nas veas, de Adrián Canoura  e Trinta lumes, de Diana Toucedo.

Os filmes galegos seleccionados están feitos dende a autoprodución, sen apenas apoio institucional, cunha fraxilidade que é vencida pola teima dos cineastas”.

Dentro deste espazo adicado a Galicia, nun diálogo aberto co público, os directores Lois Patiño, Eloy Enciso e Oliver Laxe amosarán imaxes dos seus novos traballos.

A banda sonora: Esteban & Manuel e Rubblebucket.

Rubblebucket, o conxunto neoiorquino, actuará o 28 de abril na sala Metropol de Tui, dentro do marco do festival. Banda independente e difícil de clasificar cunhas composicións bailables que camiñan entre o afro-punk, o art-rock e o dance.

Finalmente, en colaboración co festival Sinsal, Play-Doc traen a actuación de Esteban & Manuel. Este dúo é a última sensación do underground galego, co seu estilo verbenero e tropical que eles mesmos denominan cumbiatune. Será o 1 de maio no paseo fluvial da vila.