Loading

De Picasso a Kapoor en Lugo

  De Picasso a Kapoor. A obra gráfica e múltiple contemporáneos

  Varios Artistas

  Rede Museística de Lugo. Varias sedes

  De luns a venres, de 9:00 a 21:00.  

  Sábados, de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00

  Entrada de balde

De Picasso a Kapoor é a nova exposición da Rede Museística de Lugo que exhibe obras gráficas e múltiples de moitos dos mellores artistas do século XX a nivel mundial. Ademáis dos dous autores mencionados, a mostra conta con obras de Miró, Dalí, Chagall, Chillida, Serra, Beuys, Warhol, Barceló e Murakami, entre moitos outros. A mostra está comisariada por Antonella Motinara. Desde a organización sinalan que esta exposición revela a evolución dunha serie de prácticas artísticas susceptibles de ser reproducidas por medios mecánicos e/ou dixitais (gravado, litografía, xilografía, linóleo, impresión dixital, fotografía…). Tamén tratan de reflexionar sobre a relación entre o artista e os seus procedementos. Concretamente, nos procesos tecnolóxicos. As obras principais exhíbense no Museo Provincial de Lugo e as restantes están repartidas polos outros tres espazos da rede: a fortaleza de San Paio de Narla, o pazo de Tor e o Museo Provincial do Mar de San Cibrao.

Infórmate:

Noticia sobre a exposición en El Progreso

Información sobre a exposición na web da Rede Museística

Reproduce: