Loading

Estrea comercial de Dhogs

  Dhogs

  Abella Cines. Lugo

  Sábado, 19 de maio. Varias horas

  7,20€

Dhogs, a última sensación do cinema galego, fai a súa estrea comercial este xoves. O filme está dirixido e escrito por Andrés Goteira e ten un plantel de intérpretes galegos excepcional: Melania Cruz, Iván Marcos, María CostasMorris, Carlos Blanco ou Miguel de Lira son algúns dos actores, de diferentes xeracións, a ter en conta. A película está dotada dunhas imaxes magnéticas, case lyncheanas, polas que tamén discurren Haneke, Peckinpah ou Leos Cárax como principais referentes. Hai, ademáis, unha fascinación pola cuarta parede, pola ollada do público, que non se pode eludir. Ten o aval de recibir 13 premios Mestre Mateo e de colleitar numerosos galardóns en diferentes festivais nacionais e internacionais: o último, no Festival de Cine Fantástico de Bilbao. Proposta arriscada, vangardista e brilante que fixo realidade unha campaña de crowdfunding. A partir desta semana veremos a resposta do gran público. Outros cines que exhiben a película son os NUMAX de Santiago, os Multicines Norte de Vigo e os Cantones Cine de A Coruña.

Infórmate:

Iván Marcos fala de Dhogs en Inorantes

Entrevista a Andrés Goteira en Tentaciones

Reproduce:

Mira: