Loading
Xabier Díaz

Un 17 de maio con Xabier Díaz

  Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

  Casa da Cultura. Burela

  Xoves, 17 de maio. 19:30

  10€

Despois de xirar con éxito sobresaínte por Alemaña e Bélxica, con parada intermedia na Sala Galileo Galilei de Madrid, Xabier Díaz e as Adufeiras volven a ofrecer un concerto en Galicia. Será en Burela nunha ocasión moi especial: o Día das Letras Galegas. Poderemos, no día grande da nosa fala, volver escoitar os temas de Noró, o segundo disco de Xabier coas Adufeiras, un dos mellores álbumes galegos da década. Extraordinaria é a recuperación e actualización de cancións populares que fai o ex de Berrogüetto. Extraordinario é cando a súa voz se xunta coa das Adufeiras. E extraordinarios son os irmáns Gutier e Javier Álvarez que os acompañan á zanfona, violín e acordeón. Un luxo.

Infórmate:

Entrevista a Xabier Díaz en El País

Conversa con Xabier en Inorantes

Reproduce:

Escoita: