
Dous premios Galicia en Ferrol
Eva Díez e Jon Gorospe
Sede Afundación. Ferrol
De luns a venres, de 17:00 a 21:00
Sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
Entrada de balde
Dous dos gañadores do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea exhiben os seus traballos en Ferrol. Trátase da viguesa Eva Díez e do alavés Jon Gorospe. A primeira expón a súa serie Renacer, nela pódense ver vivendas rurais, en estado ruinoso, invadidas pola natureza. A maxistral iluminación confírelle a estas escenas unha plasticidade pictórica que revitalizan eses espazos, pero transformando o concepto de habitabilidade. A mostra de Gorospe, titulada Environments, ten un contido social moito máis explícito. As súas imaxes tratan de expresar como os refugallos que xera o ser humano crean, instintivamente, novas paisaxes e arquitecturas.
Infórmate:
Eva Díez fala de Renacer en Zigzag
Jon Gorospe fala de Environments
Mira: