Loading
Radio Océano

Radio Océano revive a movida

  Radio Océano + Los Dramáticos + 24 ancianos

  Garufa Club. A Coruña

  Venres, 8 de xuño. 21:30

  12€ (anticipada)-17€ (taquilla)

Radio Océano tomouse a peito iso de que os vellos rockeiros nunca morren, e este venres liderarán un concerto no Garufa con outras dúas bandas mítica dos 80 coruñeses, Los Dramáticos e 24 ancianos. A banda comandada por Johnny Rotring (o alter ego musical de Xosé Manuel Pereiro) leva xa uns anos flirteando cos escenarios, e teñen prevista a gravación dun novo álbum con Subterfuge Records, que levará por título Memoria do óxido, e recopilará gravacións e directos. Aínda que a movida viguesa é a máis coñecida, Radio Océano, Los Dramáticos e 24 ancianos demóstrannos que tamén houbo movida (é boa) na Coruña.

Infórmate:

Biografía de Radio Océano en La Fonoteca

 Nova en El País sobre o regreso de Radio Océano en 2010

Reproduce: