Loading
The Florida Project

O lado escuro do mundo de Disney

  The Florida Project

  Sean Baker

  Biblioteca Pública de Ourense

  Mércores, 13 de xuño. 18:00, 20:30 e 23:00   

  4€ (socios) 5€ (público xeral)

O Cineclube Padre Feijóo proxectará este mércores The Florida Project en tripla sesión na Biblioteca Pública de Ourense. Considerado un dos mellores filmes de 2017, a película de Sean Baker amósanos o lado máis escuro da sociedade estadounidense. Faino contrapoñendo o suburbio no que viven as protagonistas (a marabillosa nena de seis anos Moonee e a súa nai, Halley) co veciño Disney World, quintaesencia do american dream feita lugar. A inocente ollada de Moonee e a extraordinaria paleta de colores que usa Baker axudan a dixerir unha historia de extraordinaria dureza, que coma todas as boas historias invita a unha fonda reflexión.

 Infórmate:

Crítica de The Florida Project en eldiario.es

Entrevista a Sean Baker en El Mundo

Reproduce:

Mira: