Loading
Agoraphobia

Agoraphobia, antes dos festivais

  Agoraphobia

  SalaSón. Cangas

  Venres, 15 de xuño. 22:30

  5€

Levamos menos da metade de 2018 e xa podemos afirmar sen medo a equivocarnos que a consolidación de Agoraphobia vai ser unha das novas musicais do ano en Galicia. Incoming Noise, o primeiro LP do cuarteto de Boiro, é excepcional e a xira que acompaña ao disco non o está a ser menos. O directo de Agoraphobia e o magnetismo que desprende Susana Saavedra fainos preguntarnos onde está o tope da banda. De momento, este venres podemos escoitalas na SalaSón antes de que se embarquen na noria de festivais que lles espera. O Surfing The Lérez esta mesma semana, O Son do Camiño, o Morrasound, o Resurrection, o Mad Cool, o Arbo Rock ou o Festival da Luz, entre outros, teñen a Agoraphobia no cartel.

Infórmate:

Entrevista con Paula Rego en Inorantes

Bandcamp de Agoraphobia

Reproduce:

Escoita: