Loading

Freedonia retorna a Galicia

Freedonia

Masterclub. Vigo

Venres, 15 de xuño. 22:30

18€ (anticipada) 22€ (taquilla)

Freedonia, o conxunto madrileño de funk e soul, volven a Galicia. O venres actúan no Masterclub de Vigo e o sábado no Playa Club de A Coruña. Neste último espazo, onde xa estiveron hai tres meses, tocan a mediodía, cambiando sensiblemente o concepto do espectáculo. Máis relaxado, improvisado e próximo ao público. Continúan a exprimir o seu traballo máis recente, Shenobi. Este LP conceptual, composto por vinte temas, ten como leit motiv a liberdade da muller. Un disco que contén esencias de soul, afro, filmes do oeste e salóns arcade. Como sempre con esta banda, agárdase un magnífico directo liderado pola portentosa voz de Maika Sitté, que se apoia en oito magníficos músicos.

Infórmate:

  Crítica de Shenobi en Muzikalia

  Freedonia en Hoy Empieza Todo de Radio 3

Reproduce:

Escoita: