Loading

La habitación roja en acústico

  La Habitación Roja

  Teatro Jofre. Ferrol

  Venres, 15 de xuño. 22:30

  12€ (anticipada) 14€ (taquilla)

Logo da recuperación do seu cantante, Jorge Martí, dun tromboembolismo pulmonar que os obrigou a anular no último momento a súa participación no FIV de Vilalba, La Habitación Roja volve a Galicia. Os decanos do indie-rock estatal van dar un concerto acústico dentro do ciclo Son(s) Ferrol. Están a presentar Memoria, o seu traballo máis recente, que semella un xesto a aqueles que seguen a banda desde as súas orixes. O seu novo LP está cheo das impresións melódicas que os fixeron populares. Os seus concertos son sempre un cerimonial de cánticos da incondicional lexión de fans que acompaña aos valencianos.

Infórmate:

Crítica de Memoria en Mondosonoro

  Entrevista a La Habitación Roja en Mondosonoro

Reproduce:

Escoita: