Loading
Surfing The Lérez

Surfing The Lérez, música solidaria

  Furious Monkey House, La Casa de los Ingleses, The Lakazans, Flip Corale, Oh Ayatolah, The Trunks, Soulmacklein & Positive Band, Eladio y los Seres Queridos, Escuchando Elefantes, The Limboos, Ángel Stanich, Terbutalina, La Duendeneta, Mad Martin Trío, Agoraphobia.

  Illa das Esculturas. Pontevedra

  Sábado, 16 de xuño. A partir das 12:00

  Entrada de balde

A oitava edición do Surfing The Lérez volverá encher Pontevedra de música e actividades. O que fai este festival tan especial entre a voráxine que nos agarda nas próximas semanas é o seu carácter benéfico. A entrada aos concertos é de balde, pero recóllense tapóns e alimentos de forma solidaria. En tempos de sons do camiño agradécese ese espírito. Pero máis aló do carácter solidario, Surfing The Lérez é un festival con moi boas bandas, inmellorable representación galega e amplo abano de estilos. Sen saír de Galicia podemos ir do rock’n’blues de The Lakazans ao rockabilly de Mad Martin Trio ou o garage-rock de Agoraphobia, pasando polo pop-rock de Eladio y los Seres Queridos, o garage-punk de Terbutalina, a psicodelia de Fogbound (mércores na Sala Karma) ou o folk-rock de Escuchando Elefantes. Destaca tamén o inclasificable cántabro Ángel Stanich, un clásico do festival. O sábado na Illa das Esculturas será o día grande. Dende as 12 da maña ata que o corpo aguante…

Infórmate:

Surfing The Lérez en Faro de Vigo

Reseña sobre Surfing The Lérez en Colectivo de Raro Propósito

Reproduce:

Escoita:

Ángel Stanich

The Lákazans

Eladio y los Seres Queridos

Agoraphobia

Escuchando Elefantes

Terbutalina