
Paperboy, soul branco de calidade
Eli ‘Paperboy’ Reed e a High & Mighty Brass Band
Auditorio de Ferrol
Sábado, 16 de xuño. 21:00
Desde 13€
Ferrol é a única parada galega dentro das oito datas da xira española de Eli ‘Paperboy’ Reed. O músico de Boston vén acompañado da High & Mighty Brass Band para darlle, se cabe, maior intensidade aos seus directos. Reed que é unha destilería clásica de soul e rhythm and blues, editou o seu último álbum de estudio en 2016. My Way Home é un LP que recibe as influencias do gospel e que aparece despoxado de arreglos de vento. Unha viaxe polo tempo cun cantante branco de voz negra como o ébano.
Infórmate:
Entrevista a Eli “Paperboy” Reed
Reproduce:
Escoita: