Loading
Vida, Gervasio Sánchez

Gervasio Sánchez, triunfo da Vida

  Vida

  Gervasio Sánchez

  Sede Afundación. A Coruña

Luns a venres, 17:00 a 21:00 

Sábados e festivos (domingos pechado), 12:00 a 14:00 e 17:00 a 21:00 

  Entrada de balde 

Gervasio Sánchez é un dos fotoxornalistas máis importantes que deu España. O fotógrafo cordobés ten documentado o horror da guerra dende que con 25 anos cubriu os conflitos armados que asolaban América Latina. Logo chegarían as guerras dos Balcáns, as do Golfo, as guerras civís africanas… Pola súa cámara pasou a barbarie dos últimos 35 anos en catro continentes. Esa barbarie é a base da marabillosa exposición Vida, que chega a A Coruña o xoves 21 de xuño e estará na Sede de Afundación ata o 29 de setembro. A singularidade da mostra é que as 68 imaxes recollen a victoria da vida sobre a morte, da humanidade sobre a violencia, da esperanza sobre a traxedia. Imprescindible.  

  Infórmate:

Blog de Gervasio Sánchez en El Heraldo

Artigos de Gervasio Sánchez en lamarea.com

  Reproduce:

  Mira: