Loading

Arte moderna mundial no MAC

  ¡MÍRAME! Retratos e outras ficcións na colección ‘La Caixa’ de arte contemporánea

  MAC. A Coruña

  Martes a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30

  Domingos e festivos de 11:00 a 14:00

  Entrada de balde

Unha das coleccións máis importantes de Europa sobre os novos comportamentos artísticos é, sen dúbida, a de La Caixa. A exposición ¡MÍRAME! é unha achega esencial a esa recopilación de obras de algúns dos autores máis importantes do mundo nos últimos corenta anos. Nesta mostra os artistas pregúntanse sobre as emocións e as convencións da identidade. Todo tipo de medios e disciplinas creativas teñen cabida nun demiurgo comisariado por Nimfa Bisbe. Todos os artistas teñen unha calidade contrastada a nivel internacional e, entre outros, hai que destacar a Cindy Sherman, Esther Ferrer, Vik Muniz, Christian Boltanski, Jean Michel Basquiat, Ana Laura Aláez, Bruce Nauman ou Antoni Tàpies. Visita importante para os amantes das novas tendencias artísticas, máis se temos en conta a decadencia na que están inmersos certos centros autonómicos.

  Infórmate:

Nova sobre a mostra en Latamuda

Entrevista a Nimfa Bisbe

  Mira: