Loading

A obra de Laxeiro na Prensa

  Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa

Fundación Laxeiro. Vigo

  Luns a venres, de 18:00 a 21:00 

  Sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

  Domingos e festivos de 12:00 a 14:00

  Entrada de balde

Por primeira vez pódense ver todas as viñetas que Laxeiro fixo para os xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930. A exposición, proxectada por Javier Pérez Buján e comisariada por Manuel Igrexas, titúlase Os monos. Esa era a denominación que recibían, entre fins do XIX e principios do século XX, as ilustracións de debuxos que acompañaban un texto. En realidade, as 49 pezas da exposición son reproducións fotográficas debido a que as orixinais, en moitos casos, perdéronse. Malia a triste circunstancia, paga a pena visitar a mostra e comprender por que o humor gráfico galego viviu unha época dourada nos anos vinte. Castelao, Cebreiro, Maside e, neste caso, Laxeiro dan boa conta delo.  

  Infórmate:

Información na web de Fundación Laxeiro

Texto de Xosé Hermida en El País con motivo do falecemento do artista

  Mira: