Loading

Dom La Nena, violonchelo e pop

  Dom La Nena

  Praza Central do Gaiás. Santiago

  Sábado, 14 de xullo. 21:00

  Entrada de balde

Dom La Nena é o nome artístico de Dominique Pinto, prodixio de conservatorio cunha voz fantástica e un dominio impecable do violonchelo. A aprendizaxe nese instrumento levouno a cabo cunha profesora de excepción, a chelista norteamericana Christine Walevska. Nacida en Porto Alegre, pasou a súa parte da súa infancia e toda a súa adolescencia en Bos Aires. Aos 18 anos marchou a París. Esta mobilidade nótase nunha música que combina o pop, a bossa e a súa formación clásica. A crítica especializada (para ser xustos, un pouco grandilocuente) compáraa con Joanna Newsom e con Jane Birkin, con quen chegou a colaborar. Este sábado poderemos valorar o seu talento no marco do ciclo Atardecer no Gaiás.  Neste ciclo, actuará o xoves La ReDaDa, e o venres, A Banda da Loba.

Infórmate:

  Entrevista a Dom La Nena en El País

  Artigo sobre Dom La Nena en El Mundo

Reproduce:

Escoita: