Loading

Psicodelia con Los Reyes Magos

  Los Reyes Magos

  NH Collection. Santiago

  Mércores, 11 de xullo. 21:00

  Entrada de balde

Desconcierto Cultural levan ao seu ciclo Terrazeando aos sevillanos Los Reyes Magos. Os seus temas están, en moitos sentidos, ligados aos grandes nomes da psicodelia de finais dos anos 60. Así o corroboran os cortes En la Selva Romántica ou Inshalá. A primeira delas foi estreada recentemente no programa radiofónico El Sótano. Esta canción vai estar incluída en GUAY, o seu inminente primeiro LP. Un disco no que colabora nas mezclas Raúl Pérez, un habitual de artistas tan ben valorados como Pony Bravo, Niño de Elche ou McEnroe. Un estupendo solpor para os amantes da enésima revisión da psicodelia.

Infórmate:

  Estrea de Los Reyes Magos en El Sótano

  Web do ciclo Terrazeando

Reproduce:

Escoita: