Loading

Melange, atardecer en Riazor

  Melange

  Playa Club. A Coruña

  Mércores, 11 de xullo. 20:00

  Entrada de balde

Os madrileños Melange traen a súa psicodelia de tintes folk e experimentais á Coruña. Actúan no marco do ciclo Atardeceres Playa Club, un evento musical para disfrutar do solpor na bahía de Riazor. Están a presentar Viento Bravo, un novo LP onde amplían, aínda máis, o seu campo de influencias respecto do traballo anterior. Os seus directos poñen en efervescencia todos os referentes que ten o quinteto, para lograr unha catarse co público. Coa súa mirada ao pasado dinamitan calquera escepticismo nestes tempos de bases prefabricadas.

Infórmate:

  Entrevista a Melange en Mondosonoro

  Crítica de Viento Bravo en Ruta 66

Reproduce:

Escoita: