Loading
Festival de Ortigueira

Ortigueira cumpre corenta anos

  The Celtic Social Club, Lúnasa, Imar, Kila, Yves Lambert, Milladoiro, e outros.

  Alameda. Ortiguera

  Do xoves 12 ao domingo 15 de xullo. A partir das 22:00

  Entrada de balde

O Festival de Ortigueira alcanza a súa edición número 40 en 2018. A gran festa da música celta de Galicia, declarada de interese turístico internacional, celebra a importante efeméride lonxe do seu mellor momento, cando era unha das citas marcadas en vermello do verán galego. Eran outros tempos. Sen dúbida, a masificación deste tipo de eventos no país (así, por exemplo, Ortigueira coincide co Resurrection Fest) prexudicou ao festival que fundou en 1978 a Escola de Gaitas de Ortigueira. Coa espantada protagonizada por Carlos Núñez a última hora (malia que en Fitur se anunciou como un dos cabezas de cartel), o peso do festival recae nos británicos The Celtic Social Club, mellor grupo folk de 2018 nos Australian Celtic Music Awards; no canadiense Yves Lambert, fundador do grupo de culto do Quebec La Bottine Souriante; os irlandeses Lúnasa, un dos grupos máis internacionais da illa de Eire; ou os xa lendarios Milladoiro. 

Infórmate:

Programación do Festival de Ortigueira na web oficial

Nova en La Voz de Galicia sobre Carlos Núñez e Ortigueira

Reproduce:

Escoita:

The Celtic Social Club

Lúnasa

Yves Lambert

Milladoiro