Loading
Ribeiro Son de VIño

Viño e música galega no Náutico

  O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Bifannah, Pardo, Marem Ladson e Baiuca

  Náutico de San Vicente. O Grove

  Sábado, 14 de xullo. De 13:00 a 5:00

  12€

A quinta edición do Festival Ribeiro Son de Viño volverá unir o viño e a música galega. As adegas Alberte, Antonio Montero, Deseu, Eduardo Bravo, Sameirás, e Viña Costeira ofrecerán aos asistentes ao evento a posibilidade de degustar viños da zona mentres escoitan unha moi interesante selección de artistas galegos. Desa selección gústanos especialmente o folk americano da ourensá Marem Ladson, que co seu disco debut homónimo está a dar moito que falar; os pontevedreses Bifannah practican un garage rock con tintes piscodélicos; Esteban & Manuel ofrecen o seu peculiar son de verbena con autotune; os ourensáns O Sonoro Maxín apostan por unha música tropical galega; Baiuca mestura folk e electrónica; e Pardo está a medrar ano a ano como cantautor. A festa rematará coa pinchada de dous DJs, Luis Basilio, da banda madrileña The Nastys, e Antía Van Weill, baixista de Bifannah.  

Infórmate:

Programa do Festival

Crítica de Marem Ladson en Mondosonoro

Reproduce:

Escoita:

Marem Ladson

Bifannah

Baiuca

O Sonoro Maxín

Pardo

Esteban & Manuel