Loading
Xabier Díaz

Xabier Díaz, nos Xoves de Códax

  Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

  Terraza de Martín Códax, Cambados

  Xoves, 12 de xullo. 20:30

  Entradas esgotadas

Tras a brillante inauguración da tempada de Os Xoves de Códax, con Guadi Galego e Iván Ferreiro, a segunda data levará a terraza de Martín Códax a Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Ou, o que é  o mesmo, levará ao ciclo da adega cambadesa as músicas de Noró, o segundo disco de Xabier xunto ás Adufeiras: o mellor álbum editado en Galicia no que levamos de 2018. Escoitar  en directo a Xabier, ás Adufeiras e aos irmáns Álvarez (Gutier na zanfona e violín, Javier no acordeón) é un auténtico regalo, facelo nun escenario como a terraza de Martín Códax sobre a Ría de Arousa converte o concerto nunha ocasión única. 

Infórmate:

  Programación de Os Xoves de Códax na web oficial

  A nosa Conversa con Xabier en Inorantes

Reproduce:

Escoita: