Loading
Little Steven

Little Steven abre as festas de Vigo

  Little Steven

  Auditorio de Castrelos. Vigo

  Xoves, 12 de xullo. 22:30

  Dende 6€

Little Steven, o guitarrista da E Street Band de Bruce Springsteen, actúa este xoves en Vigo no marco das festas da cidade. Este multiinstrumentista, compositor e produtor acadaou unha enorme popularidade a pasada década pola súa actuación en Os Soprano: a magnífica serie sobre a decadencia da mafia italoamericana. As súas composicións, moi logradas cando se inclinan hacia o soul, chegan a semellar unha parodia do Boss cando escalan cara a épica. Máis propias, neses casos, dun filme de artes marciais dos 80. Sexa como for, esta proposta sitúase moi por riba do agardado da xestión triásica que caracteriza, recentemente, ao concello de Vigo. Así o vai demostrar Steven cos catorce músicos cos que vai subir ao escenario. Espectáculo prometedor.

Infórmate:

  Reportaxe de Fernando Navarro sobre Little Steven

  Páxina web de Little Steven

Reproduce:

Escoita: