Loading
Little Steven

Little Steven abre as festas de Vigo

  Little Steven

  Auditorio de Castrelos. Vigo

  Xoves, 12 de xullo. 22:30

  Desde 6€

Little Steven, o guitarrista da E Street Band de Bruce Springsteen, actúa este xoves en Vigo no marco das festas da cidade. Este multiinstrumentista, productor e compositor acadou unha enorme popularidade na década pasada pola súa actuación en Os Soprano: a magnífica serie sobre a decadencia da mafia italoamericana. As súas composicións, moi logradas cando se inclinan hacia o soul, poden semellar unha parodia do Boss cando escalan cara á épica. Nalgúns casos, apropiadas para ambientar un filme de artes marciais dos oitenta. Sexa como for, esta proposta sitúase moi por riba do agardado da xestión triásica que caracteriza, en tempos recentes, ao concello olívico. Así o vai demostrar Steven cos catorce músicos que van subir ao escenario. Espectáculo prometedor.

Infórmate:

  Reportaxe de Fenando Navarro sobre Little Steven

  Páxina web de Little Steven

Reproduce:

Escoita: