Loading

Lembranzas a través do TBO

Historietas del Tebeo. 1917 – 1977

Varios artistas

  MAC. A Coruña

  De Martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30

  Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas

  Entrada de balde

Historietas del Tebeo. 1917 – 1977 é unha revisión da evolución da banda deseñada en España a través da mítica revista TBO. Organizada polo Museo ABC, en colaboración con La Caixa, e comisariada por Antoni Guiral, a mostra fai un percorrido polo desenvolvemento do cómic nesa publicación e, tamén, analiza o concepto de tebeo como xénero literario. A exposición aglutina debuxos orixinais e outras publicacións nun dobre itinerario: por unha banda, ten un discurso cronolóxico e, doutra banda, destaca ás figuras máis relevantes e populares da historia do tebeo, tanto aos autores como as súas creacións. Así, esta mostra fai fincapé, entre outros, en Ibáñez e Mortadelo y Filemón ou Escobar e Zipi y Zape. Segundo a organización, “nunca antes unha exposición desenvolveu tan ampliamente esta apaixoante historia da que todos temos recordos e anécdotas”. Prólogo inmellorable para a nova edición do Viñetas desde o Atlántico que vai celebrar a cidade herculina en agosto.

  Infórmate:

  Web do museo

  Antoni Guiral fala de TBO