Loading
Colmeiro

Vinte e un óleos de Colmeiro

  A nova colección Colmeiro

  Manuel Colmeiro

  Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. Vigo

  Martes a venres. 18:00 a 21:00 

  Sábados. De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 

  Entrada de balde

Antes de referírmonos ao evento, gustaríanos chamar a atención acerca do folleto expositivo: que nos saibamos Abel Caballero é doutor en Economía e non en Arte. Non sabemos se os coñecementos sobre esta materia son maiores que os que demostra ter sobre saurópsidos, pero sería preferible que o texto o asinase un especialista e non o alcalde da cidade. A mostra está conformada por 21 óleos e 145 debuxos de Manuel Colmeiro que se incorporaron no ano 2017 aos fondos artísticos municipais. Segundo a organización, na exposición están presentes todas as etapas do pintor e, tamén, todas as temáticas que definen ao artista. O de Chapa foi o máis importante dos artistas galegos na Escuela Española de París. Ainda que recibe as influencias do posimpresionismo francés e, concretamente, do precubismo de Cézanne, a súa pintura sempre será personal, reducida a moi poucos temas, inspirada no mundo rural galego e na denuncia social.

Infórmate:

Web sobre Manuel Colmeiro

Nova sobre o pasamento do artista en El País

Mira: