Loading

Cento dez obras de José Solla

  Coplas de cego

  José Solla

  Museo de Pontevedra (sexto edificio)

  De martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30

  Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas

  Entrada de balde

O Museo de Pontevedra acolle unha gran exposición de José Solla. A través das cento dez obras, datadas entre 1965 e 2009, a exposición dá boa conta da traxectoria artística do marinense. As súas pinturas e debuxos non se entenden sen analizar os espazos xeográficos que tanto influíron no autor, a ambos lados do Atlántico: Galicia e Arxentina. Nun primeiro momento representou as actividades pesqueiras que, coas súas particularidades, se deron en Bueu e en Mar del Plata, a onde emigrou en 1950. Unha importante transformación deuse cando Solla incorporou aspectos da arte románica nos seus traballos. Esta novidade foise combinando coa temática dos relatos orais que narraban os cegos, o que lle dá un ton grotesco, burlón e fantástico ás súas obras. No formal, ademáis desa revisión medieval, modera o cubismo, aproxímase ao construtivismo torresgarciano e, en ocasións, chega a un lirismo propio de Chagall.   

  Infórmate:

  Páxina sobre o artista

  Páxina do Museo de Pontevedra

  Mira: