Loading
Electropura

Xoias de Painlevé en Electr-o-Pura

  Electr-0-pura

  Jean Painlevé

  Auditorio da Illa de Arousa

  Sábado, 10 de agosto. 20:00 

7€

Con nome de disco de Yo La Tengo, a primeira edición de Electr-o-Pura celebrarase esta fin de semana na Illa de Arousa. O evento pretende converterse nun punto de reunión entre as comunidades científica e artística. Terá como eixe central a proxección o sábado de tres filmes documentais do francés Jean Painlevé, un dos pais do cinema científico, que xa nas décadas dos anos 20 e 3o comezou a filmar os cabalos de mar, os polbos ou as medusas, e chegou a colaborar con Buñuel ou Dalí na revista Surrealism. Proxectaranse tres pezas breves: Como nacen algunhas medusas, Os ourizos mariños e O cabalo de mar. Tres documentais cun valor incalculable para a historia da cinematografía documental. Entre os filmes actuarán as bandas experimentais galegas NOSTOC e Death Whistle. 

Infórmate:

  Facebook de Electr-o-Pura

  Reportaxe fotográfica sobre os traballos de Jean Painlevé en The Guardian

Reproduce:

Mira: