Loading
Ghost Beast

Ghost Beast, no Agosto na Ría

  Ghost Beast

  Naútico de Vigo

  Venres, 10 de agosto. 20:00

  Entradas esgotadas 

Agosto na Ría é unha proposta que ofrece a poisibilidade de escoitar música en directo nunha goleta que navega pola ría de Vigo, ao mesmo tempo que se serve marisco e viño branco. O plan soa tan ben que os organizadores teñen esgotadas todas as entradas dos oito concertos que ata agora programaron (deixan caer que é posible que amplíen o número de actuacións). A deste venres parécenos especialmente interesante. Ghost Beast é un novo proxecto musical liderado polo vigués Pachu Doblas. Winter’s Horns é o disco debut do grupo, é foi autoeditado por eles mesmos o pasado ano. A música de Ghost Beast apóiase nunha base electrónica e unha traballada instrumentación. Iso ten levado a odiosas comparacións con Radiohead, o cal, mesmo salvando as distancias debidas, parécennos palabras maiores. Nós por momentos escoitamos neles ao primeiro Coldplay de Parachutes ou A Rush of Blood to the Head, aínda que a influencia da música de Thom Yorke e cia. está ben clara (ás veces excesivamente clara).

  Infórmate:

  Reseña moi interesante de Winter’s Horns en Colectivo de Raro Propósito

  Nova en La Voz de Galicia sobre Ghost Beast

  Reproduce:

  Escoita: