Loading
O Marisquiño

O Marisquiño Vs. Yung Beef

  Zetazen, Les Castizos, Lizzies, Agoraphobia, We Ride, Muerta Sánchez, Rels B, Cruz Cafuné e outros

  Porto Marítimo de Vigo

  Do venres 10 ao domingo 12 de agosto. A partir das 20:15

  Entrada de balde

O artista do que máis se vai falar en O Marisquiño 2018 non está no cartel de O Marisquiño 2018. Ou, para ser máis exactos, estivo no cartel e caeu do mesmo. En realidade non caeu, tirárono. Falamos de Yung Beef, estrela actual do trap, quen se dedicou a repartir patadas voadoras a un espectador que lle derramou enriba unha cervexa no recente Atlantic Fest. Ante ese comportamento, a organización de O Marisquiño (disque presionada polo alcalde Abel Caballero) decidiu prescindir de el. A resposta non se fixo esperar e o cantante granadino subiu ás redes un delirante vídeo no que, espido e sentado no váter, dedicaba todos os insultos imaxinables a Caballero e a O Marisquiño, e asegurou que organizaría un concerto gratuíto en Vigo á mesma hora para afundir o festival. Aínda que pensabamos que a ameaza non se cumpriría, Yung Beef  anunciou que actuará o domingo as 19:00 na discoteca Clip de Cangas (non será gratuíto, a entrada valerá 3 euros). En calquera caso, por moito que unha parte dos Inorantes (non somos unánimes nisto) valore o talento de Yung Beef, aborrecemos plenamente o seu comportamento. O granadino foi sustituído no cartel por Rels B., que xunto ao fabuloso directo das boirenses Agoraphobia, o rap do canario Cruz Cafuné e o MC madrileño Zetazen son os principais reclamos musicais dun festival no que, non nos enganemos, as bicis e os skateboards teñen moito máis peso que a música. 

  Infórmate:

  O duelo entre Yung Beef e Abel Caballero

  Horarios de O Marisquiño na web oficial

Reproduce:

Escoita:

Rels B

Agoraphobia

Cruz Cafuné

Zetazen