Loading

O voo político de Pájaro

  Pájaro

  Náutico. O Grove

  Martes, 7 de agosto. 23:00

  8€ 

Pájaro, o proxecto persoal do sevillano Andrés Herrera, dará un concerto este martes no Náutico de O Grove. Ten acompañado coa súa guitarra a artistas que son historia da música española, como Raimundo Amador, Silvio Fernández Melgarejo ou Kiko Veneno. A súa proposta en solitario é, por riba de todo, amplia. Se achegamos o oído podemos detectar, en diferente cancións, rock, surf, ritmos da Semana Santa, canción italiana e certa tendencia á orquestración. Está a presentar Gran Poder, o seu último longa duración que está a colleitar unhas excelentes críticas. Un disco que libera, nas súas letras, o lado máis político do artista. Nese contexto encaixa estupendamente a súa revisión de A Galopar, ese clamor non superado que crearon Paco Ibáñez e Rafael Alberti.

  Infórmate:

  Crítica de Gran Poder en Efeeme

  Entrevista a Pájaro en Público

  Reproduce:

  Escoita: