Loading
Ribeiro Blues Wine Festival

Raimundo Amador, en Castrelo

  Raimundo Amador, Martha High, Claudio Gabis, Pardo, Mad Martin Trío, e outros

  Parque Náutico de Castrelo de Miño 

  Venres e sábado, 10 e 11 de agosto. A partir das 21:00

  Entrada de balde

Raimundo Amador é a estrela indiscutible do Ribeiro Blues Wine Festival, que esta fin de semana se vai celebrar en Castrelo de Miño. O guitarrista sevillano é un dos pais do flamenco-blues, e foi compoñente do grupo Veneno, xunto ao seu irmán Rafael e Kiko Veneno, un grupo de vida breve, pero que a finais dos 70 ofrecía unha das propostas máis interesantes que se podían escoitar en España. Ao longo da súa carreira Amador ten colaborado con artistas da talla de Bjork, e foi tamén moi sonada a súa xira xunto a B.B. King. Traxectoria longa tamén ten Marta High, que foi a voz feminina que acompañou durante máis anos a James Brown, voz negra, clásica e máxica. Claudio Gabis é un descoñecido para o público galego, pero é unha institución na súa Arxentina natal, onde foi un dos precursores do blues. Xunto a eles estarán os sempre solventes Mad Martin Trío e Néstor Pardo, entre outros. E, por suposto, o viño do Ribeiro, que non pode faltar. 

  Infórmate:

  Entrevista a Raimundo Amador en Jot Down

  Nova sobre o Ribeiro Blues Wine Festival en La Voz de Galicia

Reproduce:

Escoita:

Raimundo Amador

Martha High

Claudio Gabis

Mad Martin Trío