Loading
Rockin' Vila

Rockin’ Vila, rock galego en Arousa

  Siniestro Total, Sés, Terbutalina, Igmig, Kings of the Beach, Rebeliom do Inframundo, e outros. 

  Parque do Cabo. Vilanova de Arousa

  Venres e sábado, 1o e 11 de agosto. Varias horas

  10€-15€ (anticipada) 14€-2o€ (taquilla) 

O Rockin’ Vila pode presumir de ser un festival de rock galego con todas as letras. Bandas de rock do país ocuparán esta fin de semana un espazo privilexiado en plena ría de Arousa. Entre os cabezas de carteis destacan os incombustibles Siniestro Total, que hai moito que deixaron de estar na mellor forma, pero seguen a ser o grupo galego con máis himnos recoñecibles na súa discografía. Sés é o outro gran reclamo do festival de Vilanova: a música coruñesa está nun momento doce grazas ao Readmirando a Condición, o traballo co que revisita o seu disco debut. O garage e punk de Terbutalina é unha aposta sobre seguro para un festival das características do Rockin’ Vila. Foxy Freire fan unha proposta moi interesante: un cuarteto de músicos de jazz que deciden montar un grupo e o seu son non ten nada que ver co jazz senón que lembra aos mellores Black Sabbath. Igmig resultan máis difíciles de clasificar, electrónica, postpunk e letras sinxelas pero enigmáticas, en temas como Pubertade, por exemplo. Rebeliom do Inframundo, pola súa banda, son unha banda xa veterana de rap en galego. Mención especial para os vigueses Kings of the Beach, que telonearon aos Baywaves no TerraZeando de Santiago e gustáronnos máis que a banda principal.   

  Infórmate:

  Web oficial do Rockin’ Vila

  Entrevista a Foxy Freire

Reproduce:

Escoita:

Foxy Freire

Terbutalina

Igmig

Kings of the Beach