
Tres temas novos de Pony Bravo
Pony Bravo
Praza central do Gaiás. Santiago
Xoves, 9 de agosto. 21:00
Entrada de balde
Os sevillanos Pony Bravo actúan no marco do ciclo Atardecer no Gaiás. Regresan cinco anos despois do seu magnífico LP De palmas y cacería, con tres temas novos: Rey Boabdil, Piensa McFly e Espectro de Jung. Os seus títulos xa nos falan do interese da banda por relacionar cultura académica con referencias pop. Estas tres cancións son o adianto do seu cuarto traballo, que todavía non ten data de publicación. Polo escoitado, parece que o novo disco vai continuar baixo as mesmas influencias que derivaron nun proxecto tan persoal: o rock andaluz de Veneno e Triana, a concepción musical de bandas como Radio Futura, kraut-rock, psicodelia extrema, Fela Kuti ou Devo. O venres estará o músico e performer asturiano Rodrigo Cuevas coas súas tonadas electrónicas e o sábado será a quenda de Las Odio, punk feminista madrileño que recibe a herdanza do movemento riot grrrl.
Infórmate:
Nova sobre os temas novos en Mondosonoro
Pablo Peña (Pony Bravo, Fiera) fala dos seus discos favoritos
Reproduce:
Escoita: