Loading

Enmascarados, de David Rubín

  Cómix Revolution

  David Rubín

  Monty4. A Coruña

  Inauguración: Xoves, 9 de agosto. 20:30

  De luns a venres de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 20:00

  Entrada de balde

Ademáis de ser un dos invitados destacados na presente edición do Viñetas desde o Atlántico, David Rubín conta con outra exposición individual na cidade herculina. Trátase da mostra Cómix Revolution na galería Monty4 que pon á venda traballos deste artista. Está comisariada polo Festival de Cinema Fantástico da Coruña e recolle obras orixinais do cómic Gran Hotel Abismo e dos bocetos para a produción cinematográfica El Santo. A exposición, polo tanto, está centrada nos xusticieiros enmascarados que aparecen na novela gráfica e nos concept art do loitador mexicano El Santo, que Rubín debuxou para o filme cancelado de Álex de la Iglesia. Para completar a mostra, o artista realizou máis de corenta acuarelas de superheroes con nomes que amosan a retranca galega: Fukushima Johnson, Luisa la Trofeo ou Muertelenta López son algúns dos máis delirantes.   

  Infórmate:

  Nova sobre Viñetas desde o Atlántico en Inorantes

  Nova sobre o nomeamento de David Rubín aos premios Eisner

  Mira: