Loading
Bunbury

Bunbury, estrela en Pontevedra

  Bunbury

  Praza de España. Pontevedra

  Mércores, 15 de agosto. 22:30

  Entrada de balde

De entre os concertos programados con motivo das Festas da Peregrina en Pontevedra, o de Bunbury é o que, ao noso entender, alberga un maior interese. O artista aragonés leva dúas décadas reinventándose tras a separación de Héroes del Silencio en 1996. A súa peregrinaxe vital por Marrocos ou Sudamérica levouno a experimentar con sons africanos, latinos e árabes, influencias xa non o abandonaron de todo. Sen embargo, no seu álbum máis recente, Expectativas (2017), a principal influencia que se percibe é a de Bowie, un dos grandes ídolos confesos de Bunbury. A desaparición do xenio de Brixton foi decisiva á hora de compoñer o álbum. Outra das claves de Expectativas é ese chisco de desesperanza que trasloce nas letras. Chamou a atención o texto de En bandeja de plata no que di Pudiendo escoger entre dos o tres / Preferimos al más subnormal ou No puede un retrasado mental / estar al frente de todo. Entendemos que se refire a Trump, pero como desgrazadamente agora hai tantos subnormais á fronte das cousas, non podemos evitar que a nosa cabeza voe ata outras residencias presidenciais moito máis próximas que a Casa Branca. 

  Infórmate:

  Crítica de Expectativas en Yorokobu

  Bunbury fala sobre Bowie en M80

  Reproduce:

  Escoita: