Loading
Tequila

Tequila, nostalxia rockeira

  Tequila

  Parque de A Xunqueira. Vilagarcía de Arousa

  Martes, 14 de agosto. 23:00

  De balde

Tequila é un grupo pioneiro, anterior á Movida Madrileña e responsable de himnos como Salta, Quiero besarte e Rock and Roll en la plaza del pueblo. Contribuíron a popularizar en España a rockeiros dos anos 50 e, sobre todo, aos Rolling Stones. Volven estar de actualidade pola reunión, este mesmo ano, para realizar a banda sonora da película Superlópez. O tema composto para o filme é o primeiro da banda en 37 anos. En total, o conxunto tivo tres períodos de actividade. O primeiro, desde as súas orixes ata 1982, no que as constantes liortas entre os membros e o consumo de heroína provocaron a disolución. A segunda fase, entre 2008 e 2009, tivo un afán recaudatorio e veu acompañada da publicación dun disco e un DVD con fragmentos de antigas actuacións na televisión. Agora, Vilagarcía de Arousa vai ser testemuña de excepción da súa terceira fase, xa sen os membros da banda orixinal e máis de tres décadas despois da súa fundación. Haberá que agardar ao 14 de agosto para saber cal é o estado de forma actual de Tequila tras unha longa -e, sen dúbida, accidentada- traxectoria.

  Infórmate:

Entrevista a Alejo Estivel e Ariel Rot

  Novo tema de Tequila despois de 37 anos

  Reproduce:

  Escoita: