Loading
Coque Malla e Iván Ferreiro

Semella que se alinearan as estrelas sobre O Grove. Pois esta semana a oferta máis potente de concertos en Galicia está no Náutico de San Vicente do Mar. Clásicos como o Leiva Vs. Ferreiro e fieis repetidores como Coque Malla e Mikel Erentxun desfrutarán esta semana do solpor galego. Un total de once actuacións de calidade contrastada conforman esta ‘Semana Grande’ con vistas á praia da Barrosa, sen dúbida, un lugar idílico para vivir un concerto.

Iván Ferreiro

O do Val Miñor ten a capacidade de xogar sempre na casa cando está nun escenario, máis aínda no Náutico. Iván Ferreiro subirase ao escenario coa súa banda este luns, día 13, ás 20:00 horas, coincidindo coa posta do sol. O seu último disco, Casa, data de 2016 pero xa  leva un tempo preparando novos temas xunto ao seu irmán Amaro. “Trabajan en las composiciones más hermosas de su carrera”, escribiu Leiva tras escoitar o material dos galegos. A ver se fan algún adelanto.

Iván Ferreiro
Iván Ferreiro é todo un clásico dos concertos do Náutico.

Mucho

Las Puertas del Infierno de Mucho abriranse na madrugada deste luns (á 01:00) no Náutico. O pop cósmico deste cuarteto formado por Miguel de Lucas, Carlos Pinto (ex The Sunday Drivers), Martí Perarnau (ex Underwater Tea Party) e Víctor Cabezuelo (Rufus T. Firefly) abandonou a guitarra polo sintetizador no seu último traballo, Pidiendo en Las Puertas del Infierno. Neste disco tamén deixaron a un lado o desamor como protagonista das súas letras para vomitar cancións sobre o momento social convulso.

Mucho
Martí Perarnau, líder de Mucho.

León Benavente

O martes (día 14) ás 20:00 tócalle o turno a Abraham Boba, Eduardo Baos, Luis Rodríguez e César Verdú, artífices de León Benavente. Despois dunha extensa xira co álbum 2 (“Muy poco en el sonido de 2 es predecible, ninguna combinación de acordes resulta adiposa, cuando crees que le has cogido la pauta a un regate te deja sin balón; al momento lo ponen de nuevo a tus pies”, escribiu Agustín Fernández Mallo sobre este traballo), o Náutico é un dos poucos escenarios onde van tocar este verán. O ano pasado editaron o EP En la selva con catro novos temas. A potencia dos seus directos é indiscutible.

León Benavente
O Náutico é un dos poucos escenarios nos que actuará León Benavente este verán.

Egon Soda

Egon Soda son moito máis que un grupo de amigos. Así o teñen demostrado os últimos anos e o confirma o seu traballo máis recente El Rojo y el NegroRicky Falkner, Pablo Garrido, Xavi Molero, Ricky Lavado, Charlie Bautista e Ferran Pontón estarán no escenario ao aire libre do Náutico este martes á 1:00 da mañá. Veñen directos do Sonorama Ribera de Burgos, son xa unha aposta segura para os festivais.   

Egon Soda
Os compoñentes de Egon Soda.

Leiva Vs. Ferreiro

Falabamos de clásico, pois xa se vén repetindo nos últimos veráns esta cita entre amigos que protagonizan Iván Ferreiro e Leiva. A data este ano é o mércores, día 15, ás 20:00 horas. Leiva estivo estes días no estudo de gravación de Ferreiro en Gondomar para preparar o concerto no que tamén participarán Amaro Ferreiro e César Pop. “Un pretexto perfecto para cantar y tocar las canciones que nos hubiera gustado escribir el uno del otro. También para encontrarnos, cocinar, enseñarnos nuestra mandanga nueva, y ver en qué nos podemos ayudar”, así describiu o madrileño o encontro.

Iván Ferreiro e Leiva
Iván Ferreiro e Leiva compartirán escenario en San Vicente.

Mi Capitán

O pop rock irreverente de Gonçal Planas, Ricky Falkner, Ferran Pontón (estes dous farán doblete pois tamén forman parte de Egon Soda), Julián Saldarriaga, Ricky Lavado, Dani Ferrer e Víctor Valiente tomará o relevo no escenario o mércores á 1:00 da mañá. O disco Un tiro por la salud del imperio supuxo un avance para Mi Capitán, máis emocións e menos drogas nas letras; tamén algo máis de política. Xuntos son unha rara avis do panorama musical estatal que non deixa indiferente.

Mi Capitán
Mi Capitán tomará na madrugada do mércores o relevo a Leiva e Iván Ferreiro.

Coque Malla

A xira Irrepetible de Coque Malla funciona como unha viaxe á orixe sen descoidar o presente, os seus temas máis novos. Asiduo no cartel do Náutico, ten as entradas esgotadas para o seu concerto do xoves 16 (20:00 horas) dende hai un mes; pero se a metereoloxía non o impide, o concerto será ao aire libre e haberá máis tickets á venda nos próximos días. El último hombre en la tierra é o seu último traballo de estudio.

Coque Malla
Coque Malla ten esgotadas as entradas dende hai semanas.

Tulsa

A cantautora Mirem Iza chega a San Vicente cos seus Centauros. Subirá ao escenario despois do bolo de Coque Malla, será este xoves á 1:00 da madrugada. Non faltará a súa Oda al amor efímero, tema principal do disco La calma chicha, co que Mirem recuperou o seu espazo, e de Los exiliados románticos, o filme de Jonás Trueba. Ela vén de deixar ao público sen palabras no festival Noroeste, de seguro que o repite no Náutico.

Mirem Iza actuará o xoves en San Vicente co disco Centauros.

Alice Wonder e Maika Makovski

Se algo se pode criticar desta ‘semana grande’ de concertos é a escasa presenza de mulleres. Menos mal que están Tulsa, Alice Wonder e Maika Makovski este venres, ás 20:00 e á 1:00 respectivamente. “Al fin voy a tocar en el lugar del que todos hablan!”, escribiu Maika no seu perfil de Facebook en referencia ao seu concerto no Náutico. A mallorquina vai presentar La Hora Musa, un programa de música en directo dirixido por Jero Rodríguez, en La 2 de RTVE a partir do outono. Agardamos que presente algún tema novo no seu bolo, ademais das cancións do seu disco Chinook Wind. A madrileña Alice Wonder, pola súa banda, está preparada para sorprender coa súa voz profunda, grave e delicada á vez. Despois de atreverse a versionar de todo, Alice Wonder xa conta con temas propios tan potentes como Playgame.

Maika Makovski
Maika Makovski, xunto a Alice Wonder única presenza feminina na semana do Náutico.

Mikel Erentxun

El hombre sin sombra, ou Mikel Erentxun, é o máis veterano sobre o escenario de San Vicente do Mar esta semana. Con este disco segue a facer o seu: cancións redondas, con aparente sinxeleza. Poucos teñen a súa entrega sobre o escenario. Poderedes comprobalo este domingo, día 19, ás 20:00 horas. Aínda quedan entradas

Mikel Erentxun
O veterano Mikel Erentxun pechará a semana do Náutico.

  Escoita:

Iván Ferreiro

Mucho

León Benavente

Egon Soda

Leiva Vs. Ferreiro

Mi Capitán

Coque Malla

Tulsa

Maika Makovski

Alice Wonder

Mikel Erentxun