Loading

Novos valores da arte galega

  Novos Valores 2018. Obra seleccionada

  Museo de Pontevedra. Edificio Sarmiento

  De martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30  

  Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas

  Entrada de balde

O Museo de Pontevedra exhibe as vinte e cinco obras seleccionadas das noventa e nove propostas que se presentaron á actual edición de Novos Valores. As obras están distribuidas en sete categorías diferenciadas: escultura, pintura, debuxo, gravado, fotografía, vídeo e varia. Do total, foron galardoados catro traballos cunha bolsa de ampliación de estudios de 7.500 euros. Os premiados deste 2018 foron a performance audiovisual My Statement, de Noela Covelo; o vídeo synth-BIOs-sobreinformación, de Lois Búa; a pintura Ternura, de Blanca Nieves Lourés; e a peza escultórica Lo Merecido, de Natalia Umpiérrez. A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 16 de setembro.

Infórmate:

  Web do museo de Pontevedra

  Nova sobre os premiados

Mira: