Loading
Festival do Leite

Chega o terceiro Festival do Leite

  Triángulo de Amor Bizarro, Ses, De Vacas, Disco Las Palmeras, The Soul Jacket, The Limboos, Bifannah, Cora V, La Casa de Los Ingleses, Gold&Colt e Carlangas DJ 

  Illa das Esculturas. Pontevedra

  Sábado, 15 de setembro. A partir das 12:30

  Entrada de balde (agradécese a doazón de alimentos) 

Poñer en valor o sector lácteo galego e aos nosos grupos de música son os obxectivos do Festival do Leite, que con esta chega á súa terceira edición. Tras Santiago e Lugo, a cidade de Pontevedra acolle esta data de festa solidaria. Na Illa das Esculturas, no mesmo espazo que se celebra o Surfing the Lérez, haberá concertos e actividades para os meniños durante todo o día con María Fumaça, A Gramola Gominola e os debuxos de Luis Davila. Nesta data, impulsada pola cooperativa Deleite, actuarán de balde Triángulo de Amor Bizarro, unha das bandas galegas con máis peso do panorama actual. Tamén estará a cantautora Ses e o cuarteto De Vacas. Os vigueses The Soul Jacket co seu sonido de rock clásico, o sonido r&b dos anos cincuenta de The Limboos e o novo noise rock de Disco Las Palmeras son os outros atractivos do cartel. Carlangas, de Novedades Carminha, estará por alí na súa faceta de pinchadiscos xa na derradeiras horas da festa.

  Infórmate:

  Facebook de Deleite

  Vídeo-entrevista a TAB en Improvistas

Reproduce:

Escoita:

Triángulo de Amor Bizarro

Ses

The Soul Jacket

Disco Las Palmeras

The Limboos