Loading
Léon Morin, prêtre

Ciclo de Melville en Pontevedra

  Léon Morin, prêtre

  Jean-Pierre Melville

  Cineclube de Pontevedra. 

  Martes, 11 de setembro. 20:30 

  2€ (sesión) – 18€ (3 meses) – 60€ (un ano)

O Cineclube de Pontevedra retoma este martes a súa programación regular e faino iniciando un ciclo sobre o director francés Jean-Pierre Melville. Nado Grumbach, o cineasta mudou o seu apelido pola admiración que lle espertaba Melville, o autor de Moby Dick ou Bartleby, o escribán, toda unha declaración de intencións. O ciclo que preparou o Cineclube inciarase coa proxección de Léon Morin, prêtre, un filme interpretado por Jean-Paul Belmondo e Emmanuelle Riva (ligada á lembranza de todo cinéfilo polo seu papel en Hiroshima, Mon Amour). No marco da ocupación nazi de Francia, o ateísmo dunha xove viúva (Riva) e a reacción que xera nun sacedorte heterodoxo (Belmondo) dá pé a unha reflexión sobre a fe no divino e no humano. Nas próximas semanas prolongarase o ciclo con Le doulos e Le cercle rouge. Descoñecemos se en outubro haberá máis proxeccións de Melville, pero botamos en falta as nosas dúas cintas preferidas do director: Le Samouraï, e O exército das sombras. 

Infórmate:

  Web do Cineclube de Pontevedra

  Ficha de Léon Morin, prêtre en Unifrance

Reproduce:

Mira: